HomeEconomía"Volveremos a vernos", campaña do comercio local chantadino

“Volveremos a vernos”, campaña do comercio local chantadino

A Asociación de Empresarios de Chantada puxo en marcha unha acción que busca premiar a creatividade dos clientes dos comercios adheridos á entidade. Os participantes terán ata o 26 de abril para mandar propostas encamiñadas a deseñar a primeira campaña comercial 'post-confinamento'.

Publicado o

- Advertisement -

O obxectivo desta iniciativa da Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra é que os chantadinos e as chantadinas colaboren na posta en marcha da primeira campaña de dinamización do comercio local que poida realizarse cando remate o estado de alarma, para así festexar a volta á normalidade.

A participación na campaña “Volveremos a vernos” está aberta a nenos e adultos, pero só poderán remitir as propostas os/as maiores de 16 anos. Contémplanse 3 opcións para participar:

  1. Achegando unha idea de actividade que lles gustaría que se realizase o día que sexa factible a campaña, cando finalice o estado de alarma.
  2. Debuxo ou deseño que se empregará para a cartelería e para as redes redes sociais.
  3. Eslogan ou #hashtag para a campaña.

Aqueles que se animen deberán remitir os seus deseños e/ou ideas escaneadas ou mediante foto ao correo electrónico xerencia@ccaribeirasacra.com ou vía whatsApp ao número 680645124 indicando o seu nome, apelidos e teléfono de contacto.

Tres membros da Asociación serán os encargados de valorar e elixir aos 3 gañadores/as, sorteándose 3 vales agasallo de 50 euros que poderán facerse efectivos o día que se celebre a devandita campaña nos establecementos adheridos a Asociación de Empresarios.

Cartel da campaña

ÚLTIMAS

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...

Unanimidade en Chantada para esixir unha cobertura sanitaria suficiente

Antom Fente, voceiro de Por Chantada-IGV, manifestaba satisfacción pola unión de todas as forzas...

O empresario orixinario de Pantón, Gerardo Rodríguez, segue levando o sabor de Galicia a Madrid

Anos despois seguíulle dando forma ao seu proxecto e puxo en marcha no 2018...