HomeEconomíaColaboración política en Sarria para apoiar ao comercio local

Colaboración política en Sarria para apoiar ao comercio local

O BNG de Sarria impulsa unha campaña de apoio ao comercio local. Os nacionalistas chegaron a un acordo co grupo de goberno de Sarria para levar a cabo esta iniciativa de dinamización do pequeno comercio, na que se investirán 35.000 euros das arcas municipais para mobilizar uns 140.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A colaboración entre o BNG e o goberno municipal permite que os clientes cambien o seu diñeiro por vales de compra bonificados – cun valor superior á cantidade enregada- para gastar nas tendas e negocios da vila. “Por cada trinta euros que cambien, recibirán un vale de corenta euros”, exemplificou Efrén Castro, que convidou aos comerciantes a seguir facendo achegas para acabar de definir a campaña. “Cun investimento de 35.000 euros, mobilizaremos uns 140.000 euros, que irán parar directamente ás tendas e comercios da vila”, calculou o voceiro nacionalista.

Castro explicou que “a campaña toma como referencia iniciativas que se teñen levado a cabo con gran éxito en concellos con gobernos nacionalistas como Ribadeo ou Carballo”, e agradeceu a “boa disposición do goberno local para levala a cabo”.

Segundo comentou, “a iniciativa foi recibida con ilusión por parte do sector que agradece calquera proposta dirixida á dinamización do comercio local, mais nun momento de dificultades coma o provocado pola crise sanitaria”. Durante o encontro, os comerciantes comprometéronse tamén a facer as súas achegas de cara á concreción da campaña que, estima o BNG, se porá en marcha despois do verán. 

Efrén Castro encadrou a iniciativa no proxecto da formación nacionalista que aposta “na defensa do comercio local e de proximidade para dinamizar as economías locais”. O voceiro nacionalista adiantou que “o grupo municipal seguirá traballando en acordos e propostas en positivo que melloren a calidade de vida da veciñanza.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...