HomeEconomíaA Ribeira Sacra métese de cheo na vendima

A Ribeira Sacra métese de cheo na vendima

Das 95 adegas que vendiman ao amparo da D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, só 21 delas teñen xa as uvas na adega.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra fixaba como data recomendada para o inicio oficial da vendima o 16 de setembro, aínda que algunhas adegas iniciaron a recollida de uva de determinadas variedades nalgunhas parcelas o pasado 28 de agosto, comezando os traballos de vendima na subzona Ribeiras do Sil.

A piques de afrontar a primeira fin de semana de vendima desde a data recomendada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe lévanse recolleitos 1.323.239 quilos, que por variedades distribúense do seguinte xeito:

Variedades tintas

  • Mencía 873.802 quilos
  • Merenzao 40.027 quilos
  • Garnacha 25.119 quilos
  • Brancellao 17.887 quilos
  • Caíño tinto 16.042 quilos
  • Tempranillo 7.058 quilos
  • Sousón 6.704 quilos
  • Mouratón 789 quilos
  • Grao Negro 0 quilos

  Variedades brancas

  • Godello 265.873 quilos
  • Albariño 31.875 quilos
  • Treixadura  22.931 quilos
  • Dona Branca 5.016 quilos
  • Torrontés 3.060 quilos
  • Loureira 629 quilos
  • Blanco Lexítimo 427 quilos

Das 95 adegas que vendiman este ano ao amparo da D.O. Ribeira Sacra só 21 delas teñen xa as uvas nas cubas. Trátase, principalmente, de adegas pequenas que decidiron apurar as tarefas ao ter previsións de choiva para estes días. En todo caso, espérase que esta fin de semana sexa de moita actividade nas viñas da D.O. Ribeira Sacra con 66 adegas que se meterán de cheo na vendima, quedando tan só 8 sen iniciar os traballos.

A uva que está a entrar en adega ten un estado sanitario óptimo e os traballos séguense desenvolvendo con todas as medidas necesarias para a prevención da Covid19.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...