Este sábado, 26 de setembro, preséntanse os proxectos do VI Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra. O Concurso, promovido para incentivar o emprendemento, tiña prazo aberto para presentación de ideas ata o 16 de febreiro. E a finais dese mes de febreiro coñeciamos a selección do xurado para que desenvolvesen os proxectos para a súa presentación ante o xurado.
Isto acontecía en febreiro e pouco despois chegaba a alarma sanitaria e todas as medidas que hai que tomar para evitar a propagación da Covid19. Así, o resto do calendario do concurso viuse modificado. Nesta ocasión e atendendo á situación sanitaria que padecemos, as presentacións faranse por videochamada cos concursantes.
Horarios de presentación dos proxectos
| 10:00 | SEND2ME (Buzón electrónico para entrega de paquetería) | 
| 10:25 | RECOVERY BLOOD (Revalorización do sangue e outros subprodutos da industria cárnica) | 
| 10:50 | MONXEADO (Xeados creativos naturais da Ribeira Sacra) | 
| 11:15 | TIMBER SOUL INNOVATIONS (Construción con madeira local) | 
| 11:40 | FUTURALGA (Fabricación de envases a partir de algas) | 
| 12:05 | DESCANSO | 
| 12:30 | SISTEMAS BIODIXESTIVOS PARA ZONAS RURAIS | 
| 12:55 | REFIX – ATLANTIC SEA WATER (Bebidas isotónicas a partir da auga do mar) | 
| 13:20 | PARQUES FOTOVOLTAICOS COMUNITARIOS | 
| 13:45 | TRASDEZA NATUR (Transformación de produtos de horta, con selo ecolóxico) | 
| 14:10 | APP&DOWN (Aplicación intelixente para persoas con síndrome de Down) | 
O fallo do xurado coñecerase na xornada do 26 pola tarde con comunicación directa aos premiados e coa publicación na web e redes sociais.
O Concurso aumenta a dotación dos seus premios e nesta edición cóntase cos seguintes:
- 1º Premio – 10.000€
 - 2º Premio – 7.000€
 - 3º Premio – 3.000€
 

                                    