HomeEconomíaImpulso ao comercio dixital para empresas agroalimentarias

Impulso ao comercio dixital para empresas agroalimentarias

O Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel vén de presentar un programa de apoio á dixitalización para axudar a este tipo de emprendedores na comercialización dos seus produtos.

Publicado o

- Advertisement -

Os tempos cambian, e con eles as formas de posicionarse e competir no mercado, pero a inesperada chegada da Covid-19 está acelerando a necesidade de adaptación ás novas formas de comercialización para saír adiante.

Nesta coiuntura chega un programa deseñado polo GDR Ribeira Sacra-Courel co obxectivo de apoiar a dixitalización das empresas agroalimentarias que forman parte do territorio de cobertura desta asociación. Un asesoramento que buscará que estas se adapten ás novas formas de comercialización a través da venda online e o posicionamento na rede.

Seguindo uns criterios mínimos -produto comercializable online, representación dos sectores e empresas de todos os concellos que compoñen o GDR, necesidades de mellora, recursos informáticos e competencias dixitais básicas- seleccionaranse 14 empresas agroalimentarias que serán as que poderán aproveitar esta formación en tres sesións con asesoramento individualizado a cada empresa.

Sesións formativas

A idea é que a primeira sesión sexa presencial e as seguintes no formato online, a través de videoconferencia co técnico asignado a cada empresa. Os asesoramentos faranse entre o 29 de setembro e o 29 de outubro en horario acordado entre empresa e formador asignado.

A maiores contémplanse outras sesións, con accións formativas grupais adaptadas ao nivel de dixitalización de cada peme e ás súas necesidades e recursos, e un premio. A empresa que mellor optimice e aproveite a formación será premiada cun pack consistente nun servizo que inclúe difusión en redes sociais do seu modelo de negocio dixitalizado e unha sesión individual para seguir afondando na dixitalización do seu negocio.

A participación no proxecto é totalmente de balde, para un máximo de 14 empresas participantes, debendo remitir unha ficha de adhesión asinada ao enderezo info@ribeirascracourel.es. O prazo para inscribirse remata o vindeiro 28 de setembro e pódese solicitar a devandita ficha no correo anterior ou a través dos teléfonos 982 874314 ou 609814925.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...