HomeEconomíaNovos apoios para que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio Mundial

Novos apoios para que a Ribeira Sacra sexa Patrimonio Mundial

A candidatura de Ribeira Sacra é unha das 25 aceptadas entre as 154 presentadas ao Programa de Plans de Sustentabilidade Turística en Destino do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, incluído no Plan de Impulso ao Sector Turístico Post COVID-19. En Galicia destínanse 5 millóns de euros para promocionar dous proxectos turísticos, Santiago e Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, de acordo con comunidades autónomas e entidades locais acorda dedicar 58,8 millóns de euros en 25 destinos turísticos de España, entre os que se atopa a Ribeira Sacra. O proxecto supón un respaldo á candidatura a Patrimonio Mundial. O plan está orientado a estruturar un conxunto de actuacións que, enmarcadas nas liñas da candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial, permitan garantir a sustentabilidade ambiental, económica e social no proceso de consolidación de Ribeira Sacra como destino turístico.

Un dos principais obxectivos do plan é a inclusión da Ribiera Sacra no Club de Produto Roteiros do Viño de España. Tamén se pretende desenvolver, promocionar e comercializar novos produtos turísticos sostibles, diversificando a oferta do destino e xerando novas oportunidades de emprego e riqueza: Vagalumes, Mindfulness, oficios, xeoloxía e arqueoloxía.

Baños de bosque / Consorciode Turismo RS

A decisión tomouse na Conferencia Sectorial de Turismo, que presidiu a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, xunto ao secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, e os conselleiros autonómicos do ramo, que conxuntamente acordaron dedicar 58,8 millóns de euros en 25 destinos turísticos co dobre obxectivo de modernizar a oferta en destinos pioneiros e activala en comarcas da España interior. O desenvolvemento do turismo contribuirá a afrontar o reto demográfico nestes destinos de interior, que aspiran a recibir unha maior afluencia de visitantes con capacidade de gasto, sen que esta actividade sexa prexudicial para o medio ambiente. No caso da Ribeira Sacra o investimento estará dirixido a dinamizar e organizar a súa oferta turística, potenciando o seu patrimonio cultural e natural.

Desde o Consorcio de Turismo aseguran que isto supón outra dose de ilusión para a posta en valor do territorio que, “agora require da implicación de cada un dos axentes do sector para que se convirta nunha realidade. A partir de aquí seguiremos os pasos que se nos vaian indicando por parte do Goberno Central e da Xunta de Galicia para avanzar de cara á sinatura dun convenio a tres bandas.”

ÚLTIMAS

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...