HomeEconomía12 comercios do sur de Lugo reciben axudas para avanzar en innovación...

12 comercios do sur de Lugo reciben axudas para avanzar en innovación e dixitalización

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación vén de aprobar achegas por importe global de 44.000 euros para 12 comercios de Monforte de Lemos, Quiroga, Chantada, O Saviñao e Taboada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, sinalou que os apoios supoñen o 70% do investimento mobilizado para desenvolver accións de impulso á innovación, a dixitalización e a modernización dos establecementos.

Este programa promove axudas por distintos conceptos, compatibles entre si. En Lugo, a maior demanda rexistrouse no apartado de dixitalización, para facilitar a adaptación ao actual contexto económico e aos novos hábitos dos consumidores. En concreto na zona sur 10 comercios adheríronse á liña para mellorar os servizos que prestan á clientela a través de diferentes canles, con axudas para páxinas web comerciais, ferramentas de márketing 4.0, mellora da imaxe dixital, xestión de redes sociais e implantación de ferramentas de xestión.

Tamén se conceden a través desta orde achegas para a adquisición de equipamento ou ferramentas que melloren o produto final (3 na zona sur), ou para a modernización e adaptación de locais comerciais (1).

O delegado subliñou que a Xunta apoia “ao comercio de proximidade e aos artesáns, que nas circunstancias actuais están a realizar un gran esforzo por ser competitivos, apostando por modernizarse e incrementar a súa presenza online”.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...