HomeEconomíaOs problemas do catastro en Monforte non deixan de medrar

Os problemas do catastro en Monforte non deixan de medrar

Publicado o

- Advertisement -

Ó longo do ano 2018 o catastro de Monforte está levando a cabo unha regularización dos bens inmobles de xeito obrigatorio. Segundo a voceira do non adscritos de Monforte, Pilar López, cada veciño ten que pagar unha taxa de 60 euros, só por comezar o expediente. Ademais do problema da taxa, que pode supoñer un coste excesivo para algunhas familias, dende a súa formación política denuncian que “entre o 90-95% dos datos que aporta o catastro están errados, ata o punto de figuran vivendas a nome de propietarios inexistentes ou vivendas a cabalo de varias fincas, xa que a revisión catastral non se está facendo de xeito adecuado, e mesmo non figuran camiños públicos onde deberían de aparecer”.

Pilar López manifesta que tras esta revisión catrastal, efectivamente, as arcas do Concello están medrando de xeito progresivo. Xa no 2016 solicitaron a rebaixa do Imposto sobre Bens Inmobles de Natureza Urbana que se estaba aplicando que era dun 0.605% ao 0.57-0.58% pois era unha porcentaxe inferior e máis adecuada. Cabe sinalar que nese ano, as arcas municipais recadaron 185.600 euros por este concepto.

Por todo isto, Pilar López e os seus compañeiros demandánlle ó actual mandatario monfortino que se dirixa ó Ministerio de Hacienda para reclamarlle un traballo de campo máis minucioso e con menos erros e por outra banda, que nas Ordenanzas Municipais do 2019 a porcentaxe a aplicar do IBI sexa rebaixada do 0.605 ao 0.50% , ou como mínimo a media do incremento dos ingresos municipais por este concepto nos últimos anos.

ÚLTIMAS

Cursos de habilidades tecnolóxicas na Pobra do Brollón

A veciñanza da Pobra do Brollón poderá aproveitar a formación 'E para Dixitalizarse, Lugo'...

Proposta da CEG para impulsar o recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

A Confederación de Empresario de Galicia (CEG) promoverá este ano un "foro de reflexión...

As compras de Reis no I Mercado de Nadal de Pantón

Esta fin de semana o Concello de Pantón celebra o I Mercado de Nadal...

Toma de posesión de dos dous novos policías municipais en Monforte, como funcionarios en prácticas

A formación teórico-práctica durará nove meses estendéndose de xaneiro a xuño do presente ano...