HomeEconomíaOs premios dos concursos de Nadal de Sarria quedarán no comercio local

Os premios dos concursos de Nadal de Sarria quedarán no comercio local

O concello premiará a participación cidadá na ambientación de Nadal con premios en metálico por importe total de 5.000 euros que compensarán gastos realizados polos gañadores en establecementos de Sarria. Ademais, acábase de aumentar o prazo de inscrición para presentar propostas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria convocou días atrás catro concursos para animar á participación na celebración deste Nadal. Trátase de iniciativas relacionadas coa ambientación, que axudarán a animar un pouco á veciñanza e que ademais están premiadas con interesantes cantidades económicas que se compensarán con gastos no comercio local. Para entendernos, aqueles premios relacionados con concursos nos que participan adultos pagaranse aos gañadores mediante a presentación de facturas a nome do premiado ou premiada; facturas que estarán expedidas por algún comercio ou establecemento hostaleiro de Sarria ata completar o importe igual ou superior ao premio acadado.

A organización fixou 5 premios para os concursos de vídeo, fotografía e decoración de Nadal: 300 € para o primeiro, 250 € para o segundo, 200 para o terceiro e 150 e 100 para 4º e 5º respectivamente. No ‘concurso de bolas de Nadal’, destinado aos cativos/as sete serán os premios; 1 Play Station para o 1º, unha bicicleta para o 2º, unha consola Nintendo para o 3º, 4º e 5º clasificados/as levarán unha tableta, o 6º un patinete e do 7º ao 10º obterán unha Caixa de Lego.

Para incentivar a participación decidiu ampliar o prazo de todos os concursos, quedando o novo prazo como segue:

I edición do concurso de Vídeo “Desde Sarria con amor” -vídeos de máximo 3 minutos para felicitar o Nadal- ata o 23 de decembro de 2020.

I edición do concurso de Fotografía “Desde Sarria con amor” -fotografías nas que saia algunha decoración lumínica de Sarria- ata o 28 de decembro de 2020.

I edición do Concurso de Deseño e Decoración de Bólas de Nadal 2020 -destinado a cativos/as nacidos entre o 2004 3 o 2017- ata o 23 de decembro de 2020.

I edición do Concurso de Decoración de Nadal 2020 para as modalidades Individual Exterior e Colectiva Exterior ata o día 23 de decembro de 2020.

As bases ao detalle e as follas de inscrición pódense atopar na web do Concello de Sarria.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...