HomeEconomíaO PSdeG pide revisar as rutas escolares de Folgoso para evitar que...

O PSdeG pide revisar as rutas escolares de Folgoso para evitar que seis veciños queden sen traballo

"A perda destes postos de traballo, que son a forma de vida para seis familias, suporá un golpe máis para a comarca", di a voceira socialista da comarca, Carmen Álvarez.

Publicado o

- Advertisement -

O Partido Socialista reclamará no Parlamento de Galicia que a Xunta revise os novos contratos de rutas escolares no concello de Folgoso do Courel, en Lugo, ante o risco de que seis autónomos do municipio queden sen traballo.

Os socialistas solicitaron que o concello de Folgoso se considere “como unha zona única, con vehículos de ata nove prazas e seis rutas” -como está actualmente_ “coa finalidade de manter a calidade do servizo de transporte escolar e adaptalo ás singularidades da zona”.

Así o anunciou o deputado autonómico e portavoz de Educación no Parlamento de Galicia do PSdeG, Luís Álvarez, que advertiu de que os novos itinerarios “parecen estar deseñados co único criterio de reducir o número de rutas, pero sen considerar máis factores, como a complexidade das mesmas ao tratarse de estradas de montaña, co que iso supón en canto a trazado, anchura e pendentes”.

O deputado autonómico sinalou ademais que estas rutas encarecen “de forma considerable” o servizo de transporte escolar que, neste concello, afecta os alumnos do CPI Poeta Uxío Novoneyra, o único centro educativo de Folgoso do Courel que escolariza a alumnado de infantil, primaria e secundaria obrigatoria.

Doutra banda, Luís Álvarez indicou que seis taxistas autónomos do municipio, que atendían “con plena satisfacción por parte da comunidade escolar” as actuais rutas de transporte, “verán posiblemente imposibilitado” continuar co seu traballo. “Esíxese dispor de 10 vehículos máis un de reserva de entre 10 e 25 prazas e catro vehículos de 9 prazas ou menos, o que deriva na innecesaria e perniciosa agrupación das rutas actuais de transporte”, explicou o portavoz do PSdeG.

“Desta forma, os seis autónomos perderán os ingresos derivados do transporte escolar, xa que non poden acceder á adxudicación nos termos previstos nos pregos do contrato”, sinalou Luís Álvarez, que ademais lembrou que estes traballadores prestan servizo á poboación envellecida do municipio “asentada de forma dispersa e carente en moitas ocasións de medios propios de transporte pero se con necesidades de desprazamento”.

Pola súa banda, a portavoz socialista de Folgoso do Courel, Carmen Álvarez, remarcou que a perda destes postos de traballo, “que son a forma de vida para seis familias, suporá un golpe máis para a comarca” e criticou “a falta de compromiso” do Goberno autonómico, “imposible de compaxinar coa pretendida aposta polo medio rural”.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...