HomeEconomía115.000 euros da Deputación para o albergue da Pobra do Brollón

115.000 euros da Deputación para o albergue da Pobra do Brollón

O investimento dá pulo á iniciativa do goberno municipal que o pasado mes de outubro adquiriu o inmoble no que se creará o aloxamento para peregrinas e peregrinos do Camiño de Inverno.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegará 115.000 euros para a creación do albergue municipal proxectado polo Concello da Pobra do Brollón.

A vicepresidenta Maite Ferreiro e o alcalde Xosé Lois Maceda asinaron o protocolo que formaliza o compromiso de financiamento de cara ao acondicionamento e posta e marcha das instalacións.

En outubro de 2020 o Concello da Pobra do Brollón adquiriu un edificio situado na Praza da Condesa coa intención de acondicionalo como ‘albergue municipal’ para acoller ás peregrinas e peregrinos do Camiño de Inverno a Compostela.

Xosé Lois Maceda subliñou que “a creación do albergue consolidará a vila como punto de referencia para os peregrinos, o  que suporá un reforzo para a economía local”, engadindo ademais que “a restauración do edificio contribuirá a embelecer e revalorizar o casco histórico”.

A vicepresidenta Maite Ferreiro indicou que “a posta en marcha do albergue suporá unha mellora dos servizos cos que conta a ruta ao seu paso pola Ribeira Sacra, unha materia pendente na que cómpre avanzar para que a comarca se beneficie da dinamización económica, social e cultural que xera o Camiño”.

CAMIÑO DE INVERNO

O albergue situarase a escasos metros do paso pola vila do Camiño de Inverno, unha ruta a Compostela empregada nas peregrinacións invernais para evitar a dureza das cumes nevadas do Cebreiro.

O itinerario, que atravesa a Ribeira Sacra tras entrar en Galiza pola comarca de Valdeorras, ten recoñecemento oficial desde abril de 2016 polo que o 2021 será o primeiro Ano Xacobeo no que a ruta conte con esta acreditación.

ÚLTIMAS

Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas,...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...