HomeEconomíaInvestimentos en Láncara

Investimentos en Láncara

O Presidente da Deputación de Lugo visitou Láncara para comprobar investimentos realizados por importe de 200.000 euros para mellora de dotacións públicas neste concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Tomé Roca, xunto coa Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Deputado de Promoción Económica e Social e tamén tenente de Alcalde de Láncara, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde lancarés, Darío Piñeiro, supervisou o pasado 7 de xaneiro un conxunto de actuacións financiadas pola institución provincial na localidade con máis de 200.000 euros, tanto a través do Plan Único 2020, como dun convenio co Concello.

ACTUACIÓNS REALIZADAS

José Tomé comprobou na Pobra de San Xiao, a capitalidade do Concello de Láncara, as obras de humanización das rúas Rosalía de Castro, Adolfo Suárez e Río Neira e as melloras viarias con aglomerado en quente acometidas nas parroquias de Ronfe e San Pedro.

O Presidente tamén coñeceu a antiga escola da parroquia de Veiga de Outeiro, que se reformará grazas á achega económica da institución provincial para mellorar e ampliar o uso das instalacións.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...