HomeEconomíaAdif moderniza a liña entre Monforte e Lugo

Adif moderniza a liña entre Monforte e Lugo

Publicado o

- Advertisement -

Adif levará a cabo obras de modernización en catro estaciones da provincia de Lugo que forman parte da liña ferroviaria que une Monforte de Lemos e a capital provincial.

Os traballos, cuxa licitación recibiu luz verde por parte do operador ferroviario, teñen un orzamento de case 4,5 millóns de euros. En concreto, as actuacións consisten na adaptación das estacións de Rubián, Oural, Sarria e Laxosa á electrificación a 25 kV do tramo Monforte de Lemos-Lugo.

Así, segundo detalla Adif, o proxecto consiste na adecuación de plataformas, pasos inferiores e outras estruturas para adecuar estas estacións aos requirimentos técnicos e de interoperabilidade da normativa en vigor, en especial no relativo ás cruces de vías entre plataformas. A actuación na estación de Sarria inclúe, ademais, a execución dunha pasarela peonil sobre vías que comunicará as plataformas e unirá o núcleo da vila co barrio do Mazadoiro.

ÚLTIMAS

Claudia Taboada, actriz con raíces maternas en Quiroga: “É ridiculamente marabilloso ser intérprete”

Falamos con Claudia Taboada, quiroguesa por vía materna e moi ligada a este concello...

Monforte fará unha poda de rebaixe nos magnolios dun tramo da rúa Cardeal

A brigada de Parques e Xardíns da Concellaría de Medio Ambiente realizará nos vindeiros...

Esperta Monforte apoia a solicitude de nulidade da votación da moción nacionalista do pleno do 29 de decembro

Esperta Monforte asegura compartir os argumentos expostos polo BNG para reclamar a invalidez do...