HomeEconomíaSemana de oportunidades en Chantada

Semana de oportunidades en Chantada

A Asociación de Empresarios e o Centro Comercial Aberto de Chantada presenta 6 días de descontos nos establecementos asociados. Coñecemos tamén outras iniciativas deste colectivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo explica o Presidente da asociación, Néstor Quiroga Casas, “esta campaña faise porque este ano non podemos facer a Feira de Oportunidades que se facía xunto coa Feira do Viño de Chantada”. 

Participan case 50 establecementos da localidade que están a ofrecer ata o 6 de marzo grandes descontos en diferentes sectores de actividade comercial: roupa, calzado, floristería, complementos, supermercados, perfumerías, etc. O listado de participantes pódese consultar en carteis que hai por Chantada e nas redes sociais da propia Asociación de Empresarios e o Centro Comercial Aberto de Chantada -Facebook e Instagram-.

OUTRAS ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN

Ademais desta campaña de ‘oportunidades’ a entidade vén de chegar a un acordo con ENVACO para que as empresas e comercios asociados poidan empregar unha plataforma de venda online, ruralsell.com, con condicións preferentes. O primeiro ano de inscrición no mercado virtual non ten custe algún e no segundo ano o prezo de aloxamento ten un desconto do 50%.

Tamén contemplan a creación dunha APP propia do colectivo para axilizar e facilitar a venda de produtos e seguen a desenvolver a campaña de captación de novos asociados/as. Actualmente contan cuns 150.

Para contactar coa asoaciación pódese facer a través das súas redes sociais, dos teléfonos 982 46 20 94 / 680 64 51 24 ou no correo electrónico xerencia@ccaribeirasacra.com

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...