HomeEconomíaO distrito forestal Lugo-Sarria ingresou 19 millóns pola venda de madeira no...

O distrito forestal Lugo-Sarria ingresou 19 millóns pola venda de madeira no 2020

A provincia consolídase como baluarte do piñeiro a nivel galego.

Publicado o

- Advertisement -

EFE | A Asociación Forestal de Galicia (AFG) informou de que os propietarios forestais da provincia de Lugo ingresaron arredor de 81,8 millóns de euros pola venda de madeira no ano 2020, de acordo cos datos de tallas rexistrados pola Consellería do Medio Rural.

A comarca da Mariña é a que concentra un maior volume de facturación, con 29,6 millóns de euros; seguida pola Terra Chá, con 21,1 millóns, e o distrito forestal de Lugo-Sarria, con 19 millóns de euros.

De feito, os datos da Mariña sitúan a esta comarca como o segundo distrito forestal de Galicia con maior facturación pola venda de madeira durante o pasado ano, moi preto de Ferrol -Ortegal e Bergantiños- As Mariñas Coruñesas, que lidera a lista con 31,2 millóns de euros. Ademais, A Mariña tamén é a segunda comarca de Galicia con máis vendas de madeira de eucalipto, tamén por detrás de Ferrol-Ortegal.

Lugo tamén se consolida, segundo a AFG, como “bastión do piñeiro en Galicia”, pois as tres comarcas con maiores tallas de coníferas corresponden a esta provincia. Destaca a zona de Lugo-Sarria, que supera os 11 millóns de euros de facturación pola venda de madeira de piñeiro.

Con estes resultados, a asociación afirma que “o monte en Galicia” volveu a confirmar que é “un sector resiliente ás cíclicas crises” e as “comunidades de montes e propietarios particulares” demostraron outra vez a “fortaleza do mesmo, cunha xestión “similar á doutros exercicios”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...