HomeEconomíaFolgoso do Courel dá luz verde ao orzamento

Folgoso do Courel dá luz verde ao orzamento

O Concello de Folgoso do Courel vén de aprobar os Orzamentos municipais para o 2021 que ascenden a 1.549.444,91 euros e nos que se reforza a contía destinada a gasto social e os investimentos reais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O gasto social absorbe un cuarto do Orzamento municipal para atender todos os programas sociais, o servizo de axuda a domicilio nas súas dúas modalidades, o programa Xantar na Casa, así como os gastos derivados dos mesmos (auxiliares, traballadora social, desprazamentos, etc).

O Goberno local manterá en 2021 as axudas que concedeu o pasado ano, ao que se engadirá unha nova para o transporte dos maiores con poucos ingresos. Desde o Concello de Folgoso do Courel desenvolveranse unhas bases para que, unha vez aprobados os Orzamentos, os maiores que o precisen poidan solicitar estas subvencións. 

Mantéñense ademais as subvencións para o CEIP Poeta Uxío Novoneyra, a ANPA, as axudas para a adquisición de libros e material escolar, de apoio á natalidade, transporte e tamén para emerxencia social.

Construción dun novo miradoiro

En materia de turismo, séguese apostando polo obradoiro de emprego, que, entre outros cometidos, está a recuperar a alvariza de Santa Eufemia. O Goberno local proxecta unha área de autocaravas na mesma zona e a construción dun miradoiro no Alto do Boi para as persoas con mobilidade reducida. Tamén se seguirá traballando na rede de itinerarios tras a adhesión á Red de Instalaciones Permanentes de Trail Running de España co obxectivo de promocionar actividades saudables e reactivar o turismo deportivo especializado.

Investimentos reais

O Goberno local dedica a investimentos reais 250.000 euros que se destinarán a diversas obras, así como á mellora de accesos e camiños rurais. Unha das actuacións que recollen os Orzamentos e a adecuación de accesos e a contorna da igrexa de Esperante.

A estas actuacións súmase a pavimentación e rúas e rexeneración de estradas en Seceda, Miraz, Parada, Eiriz ou Noceda, entre outras. As contas tamén recollen a adquisición dun vehículo dumper.

A rexedora, Lola Castro, explica que o Goberno local pretende “ter as estradas do Concello en perfectas condicións para o que xa empezamos a botar aglomerado nas estradas municipais”.

Os Orzamentos para o 2021 saíron adiante cos votos a favor do equipo de Goberno e coa abstención de Courel Vivo e PSOE.

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...