HomeEconomíaEstás no paro e queres traballar en Quiroga?

Estás no paro e queres traballar en Quiroga?

Desde este martes 7 de agosto e ata o día 13, se estás inscrito no INEM, podes concorrer a un dos postos ofertados polo concello de Quiroga co programa DEPUEMPREGO.

Publicado o

- Advertisement -

As bases e os procesos de selección son elaborados polos concellos. Os interesados poden atopar a devandita información no taboleiro de anuncios do Concello de Quiroga e na súa web  www.concellodequiroga.com, na oficina de emprego de Monforte de Lemos e na web da deputación desde o banner do DEPUEMPREGO.

A prazas ofertadas son:

  • posto de peón múltiple
  • animador sociocultural
  • limpador/a
  • operador de cámara na Radio Televisión Municipal de Quiroga (RTMQ)
  • peón forestal
  • auxiliar administrativo

No último ano a Deputación financiou co programa DEPUEMPREGO 308 postos de traballos en 66 Concellos da provincia, cunha inversión de 3 millóns e medio de euros.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...