HomeEconomíaAs nais, protagonistas da campaña do comercio local de Sarria

As nais, protagonistas da campaña do comercio local de Sarria

“Un día para ti!”, así reza o lema co que a Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)-CCU desenvolverá ata o 2 de maio unha interesante acción para dinamizar as compras de proximidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O colectivo que asocia a parte do comercio, empresarios e autónomos no Concello de Sarria prepararon unha nova acción comercial aproveitando a xa próxima data do Día da Nai.

Para iso prepararon unha campaña na que, segundo refiren, “as nais serán as protagonistas no noso comercio e hostalaría”Un día para ti! é o nome da campaña. 

Ata o 2 de maio as compras nos establecementos asociados dan a oportunidade de premiar a unha nai cun día dedicado para ela. Durante a vixencia da campaña, os clientes depositarán os seus tíckets de compra nas furnas habilitadas nos establecementos asociados a CCU-ACES, cubrindo os datos dunha mamá (pode ser a mesma compradora, incluso).

Cartel da campaña / CCU-ACES Sarria

O mércores día 5 de maio ás 14:00 h. procederase ao sorteo dun día especial para a nai premiada. A premiada gozará dun tratamento de beleza, masaxe, perruquería, sesión de compras, picoteo en familia… e moito máis.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...