HomeEconomía75.000 euros de ingresos nas webs dos establecementos do CCU desde a...

75.000 euros de ingresos nas webs dos establecementos do CCU desde a súa posta en marcha

O ano pasado o Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte recibía unha subvención de 37.000€ da Deputación Provincial para incentivar a dixitalización dos establecementos asociados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta axuda permitiu á asociación de comerciantes a posta en marcha dun programa de desenvolvemento e incentivo de páxinas Webs ao que se sumaron 40 establecementos asociados. Os beneficiarios do programa puideron deseñar gratis a súa páxina Web, adoptando varios deles modernos sistemas de venda en liña.

Do desenvolvemento destas páxinas Web encargouse o Grupo Aulario Athenea, empresa asociada tamén ao Centro Comercial Urbano de Monforte. O mantemento destas plataformas, gratuíto durante o primeiro ano, asumirano os propios negocios beneficiarios pero tamén con condicións vantaxosas xa que, durante o segundo, o terceiro e o cuarto ano, terán un desconto do 60% sobre o custo normal do servizo.

A aposta dixital do CCU de Monforte superou as expectativas iniciais. En só uns meses desde a súa posta en marcha, as vendas xeradas a través destas páxinas Web xa superaron os 75.000€ de ingresos e estímase que ao finalizar o ano poderían superar os 100.000€. Un dato importante tendo en conta que non todas elas deron, aínda, o salto á venda en liña.

ÚLTIMAS

“Un fío para saír do labirinto” este 20 de outubro no Museo Pazo de Tor

O teatro, máis aló dos escenarios, é unha poderosa ferramenta para o benestar. Este...

Os socialistas de Sarria denuncian que “os veciños asumirán o plan económico de Garrido”

Segundo os socialistas, esta subida de impostos "é consecuencia directa do incumprimento da regra...

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...