HomeEconomía20 persoas en Monforte de cobrar a RISGA a ter un contrato...

20 persoas en Monforte de cobrar a RISGA a ter un contrato de traballo

A Xunta autoriza a contratación de 10 perceptores da RISGA en Monforte de Lemos que se suman a outras 10 xa realizadas.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Economía, Emprego e Industria resolve unha ampliación do programa de apoio á contratación de persoas perceptoras da RISGA, autorizando ao Concello de Monforte de Lemos a contratar a 10 novos operarios municipais no marco desta liña de axudas.

Estas contratacións súmanse ás outras 10 que xa estaban realizadas este ano en Monforte, polo que en total serán 20 as persoas que pasarán de cobrar a RISGA  a ter un contrato de traballo neste concello.

As contratacións beneficiarán a persoas perceptoras da Risga que deberán estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados. Terán preferencia aqueles que teñan asinado un proxecto de inserción de carácter laboral, conten con cargas familiares ou superen os 45 anos de idade.

O periodo de contratación subvencionable pola Consellería é de sete meses. Durante ese tempo, as persoas contratadas levan a cabo diversas obras e servizos de interese xeral, competencia das entidades locais.

Informan desde a delegación territorial da Xunta en Lugo, que deste modo a administración autonómica completa o 100% das solicitudes realizadas polo Concello de Monforte no marco deste programa, cunha achega global de máis de 233.000 euros.

2 contratacións co DepuEmprego en Bóveda

No Concello de Bóveda ofértanse, a través do DepuEmprego, 2 postos de operarios de servizos múltiples. Para concorrer, as persoas interesadas poderán enviar as súas solicitudes ata o vindeiro 7 de setembro. Para participar no programa de creación de emprego da Deputación é necesario estar inscrito no INEM como demandante de emprego.

 

 

 

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...