HomeEconomíaTodo disposto para gozar coa gastronomía de outono

Todo disposto para gozar coa gastronomía de outono

Desde o 14 de setembro ao 16 de decembro celébrase o 12 Outono Gastronómico no que este ano participarán 86 casas de turismo rural, 23 delas da provincia de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

O Outono Gastronómico ten como obxectivo explotar as potencialidades gastronómicas de Galicia nesta época do ano e dar máis motivos ao visitante para vir a coñecer esta comunidade. Despois de 11 anos esta cita revélase como un éxito xa que teñen participado das propostas máis de 60.000 persoas.

Coas modalidades ofertadas preténdese chegar a todo tipo de viaxeiros, con diferentes preferencias e con diferente duración nas súas estancias. A oferta é:

  • Menú Gastronómico que por 30 euros permite degustar o mellor da gastronomía desta época e dos viños galegos con D.O.
  • Paquete Outono Gastronómico que inclúe menús e aloxamento.
  • Fin de semana Outono Gastronómico que inclúe dous menús por persoa, máis o aloxamento na noite do venres e sábado.
  • Fin de semana familiar, proposta para a familia que inclúe ofertas para un e dous nenos ata 14 anos.

Para informar dos detalles da convocatoria e promocionar o Outono Gastronómico, un autobús percorre Galicia. Este ano, por exemplo, sortearanse 10 Fins de Semana Outono Gastronómico entre os que fagan unha fotografía co bus e a colguen no Facebook.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...