HomeEconomía936.000 euros da Deputación para a mellora de vías provinciais en Samos,...

936.000 euros da Deputación para a mellora de vías provinciais en Samos, Folgoso do Courel e Sober

En toda a provincia, a Deputación aprobou destinar 3 millóns a mellorar 57 quilómetros de 28 estradas provinciais.

Publicado o

- Advertisement -

Os novos investimentos para mellorar vías provinciais en 11 concellos forman parte da aposta da Deputación pola mellora nas infraestruturas do rural para potenciar a calidade de vida dos veciños, segundo apuntou o voceiro de Goberno, Álvaro Santos Ramos. Na zona sur da provincia benefícianse os concellos de Folgoso do Courel, Sober e Samos:

Folgoso do Courel: 367.300 euros para a rehabilitación de 6,7 quilómetros de 5 estradas:

  • LU-P-1301, de Seoane do Courel á estrada de Pedrafita a Palas de Rei e ramais a Piñeira e Vilela, do punto 1,4 ao 2,5.
  • LU-P-1303, de Seoane, por Visuña, a Ferramulín, do punto 14 ao 15,6.
  • LU-P-1306, de Megoxe a Ferreira do Incio, do punto 2,9 ao 3,9.
  • LU-P-4501, do Poio por Louzarela a Meiraos, do punto 6,8 ao 7,8.
  • LU-P-5601, de Samos a Courel e ramal a Santa Mariña, do punto 34 ao 36.

Sober: 268.500 euros para a rehabilitación de 3,3 quilómetros de 2 estradas:

  • LU-P-5903, de Sober a Doade, do punto 2,3 ao 2,7 e do 10,7 ao 12.
  • LU-P-3201, de Monforte a Sober, do punto 3,3 ao 4,1 e do 5,7 ao 6,5.

Samos: 301.000 euros para a rehabilitación de 5 quilómetros de 2 estradas:

  • LU-P-5601, de Samos a Caurel e ramal a Santa Mariña, do punto 7,8 ao 10.
  • LU-P-5603, de Aira Padrón, por Ponte Louzara, a Praducelo, do punto 0 ao 2,8.

A Deputacón tamén acordou destinar 15.000 euros de remanentes do Plan Único a mellorar o pavimento interior do Polideportivo Municipal de Chantada e realizar unha rampa de acceso para minusválidos.

ÚLTIMAS

O Concello de Bóveda entrega os Premios do III Concurso de Poesía

O premio da categoría de adultos recaeu eu Adrián Casanova, de Monforte, mentres que...

Este 30 de decembro o Faladoiro de Quiroga cunha veciña de Ucraína

Mariia foise adaptando aos costumes, ao clima e á lingua. Traballou como coidadora e...

Dous anos de Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible nas comarcas de Lemos, Chantada e Deza

Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible Galicia atende en orientación laboral a persoas...

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...