HomesociedadeMáis dotacións para que os alumnos de Monforte poidan estudar fóra

Máis dotacións para que os alumnos de Monforte poidan estudar fóra

O concello incrementa por segundo ano consecutivo as axudas para bus universitario e alumnos de ciclos de formacion.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local de Monforte vén de aprobar un novo incremento das subvencións destinadas ó transporte dos universitarios e dos alumnos ciclos de formación que teñan que desprazarse fóra de Monforte. Destínanse para este fin 14.000 euros, co obxectivo de axudar ás familias e contribuír ao principio de igualdade de oportunidades ao tempo que se mellora a eficiencia educativa.

Poden acceder a estas axudas os alumnos de ensinanzas universitarias adaptadas ó Espazo Europeo de Educación Superior; así como o alumnado de ciclos medio e superior de Formación Profesional e bacharelato que teñan que desprazarse fóra do municipio.

As axudas da administración municipal para os alumnos empadroados en Monforte son compatibles coas concedidas por outras administracións ou entidades privadas; sempre e cando o importe total das axudas non supere o gasto total.

Para determinar o importe sa subvención, teranse en conta a renda per cápita anual e a situación laboral dos membros da unidade familiar. En concreto, quedarán excluídas aquelas rendas familiares que superen os 12.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes, que se presentarán no rexistro xeral do conello, será dende o día seguinte á publicación do extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e ata o 31 de outubro de 2018.

 

ÚLTIMAS

Alumnado da ESO do IES Río Cabe clasifícase para a fase final do ‘torneo de debate do Parlamento Xove’

Un equipo da ESO do IES Río Cabe vén de conseguir o segundo posto...

Regina López, nova concelleira en Monforte de Muller, Igualdade e Consumo   

O nomeamento de Regina López prodúcese despois da renuncia á acta por motivos persoais...

A Fiscalía abre proceso contra José Tomé por presunto acoso sexual

O paso da Fiscalía Provincial prodúcese tras recibir unha denuncia particular por feitos "supostamente...

Os veteranos do Club Quixós de piragüismo fan pleno no podio nunha proba disputada en Portugal

O Club Quixós desprazábase esta pasada fin de semana ata Portugal para competir na...