HomeEconomíaO 'Bono Turístico' beneficiará a 34 aloxamentos do sur de Lugo

O ‘Bono Turístico’ beneficiará a 34 aloxamentos do sur de Lugo

O Bono Turístico #QuedamosenGalicia22 da Xunta estará activo ata o 31 de decembro e axudará a favorecer a ocupación fóra da tempada alta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O coñecido como ‘Bono Turístico’ é unha iniciativa froito da colaboración da Xunta de Galicia e o Clúster Turismo de Galicia para fomentar a actividade e favorecer a desestacionalización a través do incentivo ao uso dos distintos servizos turísticos galegos por parte da cidadanía.

Aproveitando a terceira edición deste incentivo turístico, #QuedamosEnGalicia22, o delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, estivo de visita no hotel Áurea Palacio de Sober, un dos que se sumaron á campaña nesta parte da provincia, e falou da campaña.

Arias lembrou que o bono permaneceu desactivado na época de maior demanda turística –entre o 1 de xullo e mediados de setembro– “porque precisamente un dos obxectivos desta campaña é mellorar as cifras de ocupación fóra da tempada alta”.

Sinalou que os negocios da Zona Sur participantes en 2021 recibiron unha inxección duns 290.000 euros a través desta iniciativa turística, que “volve a ter unha acollida excelente entre a cidadanía na nova edición”.

Tamén salientou que varios concellos desta zona figuran entre os primeiros da provincia de Lugo que rexistraron máis gasto o ano pasado con cargo aos bonos. Así, Pantón foi o terceiro –os usuarios das tarxetas nos locais deste municipio abonaron 157.000 euros–; Monforte de Lemos o sétimo –cun gasto de 52.275 euros–; e Sober o oitavo con 47.798 euros.

Pódense atopar aloxamentos adheridos en Pantón, Monforte de Lemos, Chantada, A Pobra do Brollón, Quiroga, O Saviñao, Folgoso do Courel e Taboada.

OUTONO GASTRONÓMICO

O delegado referiuse tamén a outras iniciativas para fomentar o turismo que ten en marcha a Xunta nestes meses do ano, como o Outono Gastronómico en establecementos de turismo rural, activa desde o 16 de setembro ata o 18 de decembro.

Nove dos locais lucenses participantes están na Zona Sur da provincia, repartidos polos concellos de Taboada, O Courel, O Saviñao, A Pobra do Brollón, Pantón, Quiroga e Sober.

Todas aquelas persoas interesadas en consultar os negocios adheridos ao Bono Turismo ou informarse sobre as opcións dispoñibles nos Outonos Gastronómicos poden facelo a través da páxina web de Turismo de Galicia.

ÚLTIMAS

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...