HomeEconomíaMonforte destina 25.000€ en axudas ó transporte do alumnado universitario e de...

Monforte destina 25.000€ en axudas ó transporte do alumnado universitario e de ciclos de formación

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 28 de outubro de 2022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para as axudas ó transporte de estudantes universitarios e de ciclos de formación.

Pode optar a estas axudas para os gastos de transporte público ás distintas universidades o alumnado universitario empadroado no Concello de Monforte, así como o alumnado de ciclos medio e superior de Formación Profesional e Bacharelato que teñan que desprazarse fóra do Concello de Monforte, por non existir oferta formativa do ciclo ou bacharelato elixido neste municipio, ou non ter obtido praza na oferta local no curso.

Neste senso, o Alcalde, José Tomé Roca, indica que “con esta liña de axudas, que incrementamos en 5.000 euros con respecto ó mesmo período do ano anterior, e en 11.000€ con respecto ó ano 2020, dende o Equipo de Goberno contribuímos a facilitar os desprazamentos daqueles estudantes monfortinos que cursan estudos fora do noso concello, ben sexa no ámbito universitario, ben noutro tipo de disciplinas que non se ofertan na nosa cidade. O noso compromiso coas políticas sociais é firme, e neste caso, somos conscientes das necesidades que os nosos estudantes teñen á hora de desprazarse fora dos seus fogares e da súa cidade”.

Para a determinación do importe da subvención, terase en conta a renda per cápita anual e a situación laboral dos membros da unidade familiar. En función destes criterios, cada solicitante poderá optar a axudas que van dende os 200 ata os 600 euros.

En relación co ámbito educativo, o Concello tamén dispuxo nas pasadas semanas unha liña de axudas de 25.000 euros, para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario.

ÚLTIMAS

Chantada abre o Poboado de Nadal e acende o alumeado o 5 de novembro ás 20:30h

A montaxe de Nadal en Chantada inaugurarase este venres, 5 de decembro, ás 20:30h....

Gandaría Quintián do Páramo recibe 2 premios de Artesanía Alimentaria na XVIII Cata dos Queixos de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou da entrega destes premios que...

“Hellen Keller, a muller marabilla?”, este 4 de decembro no Multiusos de Monforte

A compañía Chévere Teatro presenta “Hellen Keller, a muller marabilla?”, unha obra dirixida por...

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...