HomeDeportesAlberto Fidalgo acada outro 3º posto en Marcha Nórdica

Alberto Fidalgo acada outro 3º posto en Marcha Nórdica

Foi o pasado sábado, 7 de marzo, competindo nunha proba de Ranking Nacional na localidade riojana de Arnedo.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O taboadés Alberto Fidalgo volve ser noticia tras alcanzar o terceiro posto no podio nunha competición estatal de Marcha Nórdica. Este resultado acadouno na súa categoria, sénior masculino, o pasado sábado na comunidade autónoma de La Rioja, concretamente en Arnedo, vila que acollía a 2ª proba de Ranking Nacional.

Fixo o percorrido de 12 quilómetros nunha hora, 15 minutos e 32 segundos, tempo que ademais permitiulle chegar 7º na clasificación xeral entre cento e pico deportistas. Respecto das sensacións, Fidalgo contestou a este medio que estaba contento e “satisfeito por cumprir obxectivos persoais e coa vista posta no futuro”. Preguntámoslle tamén por onde se perde para adestrar cando está en Taboada e dinos que ten varias alternativas, pero un dos seus lugares preferidos é “un circuito periurbano que lle chaman o Camiño dos Mouros, que é precioso. Entre castiñeiros e carballos”.

A vindeira proba será a 2ª Copa de España que terá lugar o 18 de abril na localidade navarra de Azagra.

ÚLTIMAS

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...