HomeEconomíaSindicatos e oposición "en alerta" coa RPT do concello de Monforte

Sindicatos e oposición “en alerta” coa RPT do concello de Monforte

A relación de postos de traballo (RPT) do concello de Monforte ten en alerta a sindicatos e oposición. CCOO, CIG e CSIF culpan ao concello de querer sacar adiante unha RPT sen negociar cos respresentantes dos traballadores. Esperta Monforte e PP presentan iniciativas no mesmo sentido.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

CCOO, CIG e CSIF pedían conxuntamente a pasada semana, despois do que calificaron como “bochornosa mesa de negociación”, convocar unha Mesa de Negociación onde se vote o documento definitivo que se leve a pleno, cunha negociación real e calendario de reunións para levalas a cabo.

Os sindicatos solicitan a negociación dos criterios de valoración e que se facilite, en tempo e forma, a situación de partida dos postos do Concello tanto económica como de funcións. “CCOO, CIG e CSIF propuxemos todos estes termos para poder sumarnos, pero quedou constatado que a vontade dos representantes do Concello de Monforte non é contar con nós nin cos traballadores de Monforte, polo que nos opoñemos a esta falacia negociadora, por falta dunha negociación real. A representación do Concello pretende que as organizacións sindicais aparezamos como comparsa neste Entroido de Negociación”, sinalan os sindicatos.

CCOO, CIG e CSIF solicitan a supresión da RPT de todos os CPT (complementos persoais transitorios) xa que segundo a lexislación vixente vanse a manter no tempo nas mesmas contías ano tras ano. O Posto recollido RPT Oficial de Mantemento, dependencia Servicios C2 nivel 16 está ocupado desde o ano 2004 como capataz de mantemento e cren que debería estar encadrado como capataz electricista no grupo C1 nivel 18.

En canto ao conservatorio municipal Mestre Ibáñez consideran que o sistema de provisión non é o correcto para os postos de director, xefe de estudos e secretario. Tamén piden aclaracións sobre os postos de traballo da escola de música.

“Falta de documentación e de negociación”, asegura a oposición

Pola súa banda Esperta Monforte presentaba o día 7 dous escritos no concello, un deles queixándose de non poder desenvolver o seu traballo como oposición ao non recibir a documentación a tempo e outro solicitando reunión cos membros da xunta de persoal e co comité de empresa para abordar o RPT.

Este luns, 10 de outubro, era o PP de Monforte o que instaba a Tomé a negociar cos sindicatos a nova Relación de Postos de Traballo do Concello e tamén se queixaban de non ter recibido a suficiente información sobre o tema. “Falta a relación da situación de partida dos postos de traballo, así é imposible saber como afecta ós empregados do Concello esta RPT, porque todas deben contemplar a situación de partida”, sinala Katy Varela. Os populares acusan ao alcalde de “actuar de forma absolutamente opaca e sen negociación cos colectivos da cidade”

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...