CCOO, CIG e CSIF votan en contra da RPT do Concello de Monforte

A pesar do voto en contra das tres centrais sindicais, o equipo de goberno en base a capacidade autoorganizativa da administración, levará o documento ao pleno municipal para a sua aprobación e inmediata implantación.

Casa Consistorial Monforte / Concello de Monforte

Tres das catro organizacións sindicais asistentes á MXN que agrupan a
oito de cada dez traballadores/as do Concello de Monforte opóñense
a este documento polas seguintes razóns:

  • A Negociación nace viciada porque dende o principio a administración xogou co proceso negociador, negando o establecemento dun calendario e dun proceso claro para afrontar o documento.
  • Convocaron a primeira, que ía ser a única xuntanza o día 5 de outubro; despois da rolda de prensa realizada polos sindicatos no día 7, convocan de urxencia para o día 10 e logo para o día 17, sen que se aclare que se vai negociar e pretendendo crear un rebumbio negociador.
  • Non admite apenas ningunha proposta sindical. Obxectivamente non hai unha modificación do 1% do documento inicial, o que demostra a nula vontade negociadora.
  • Non se realizou un proceso real de negociación, foise a saltos en función da presión sindical, incumprindo as fases e o plan elaborado polo propio concello e colgado na páxina web, no que se contemplaba un periodo de 3 meses para a fase de negociación
  • Non se contempla a eliminación da CPT (Complemento Persoal Transitorio) o que significa unha perda de poder adquisitivo das e dos afectados, que son o dez por cen das e dos traballadores do Concello.
  • A RPT non contempla soamente aspectos retributivos, hai cuestións de
    organización e funcionais dos postos, como por exemplo, non se recoñecen a atención ao público e a responsabilidade, o que conlevará unha serie de consecuencias negativas para o desenvolvemento do traballo diario e repercutirá na calidade da atención que se presta a cidadanía.
  • Desestímanse todas as propostas elaboradas polas organizacións sindicais, para grupos completos xa que en boca dos representantes do concello “todo está ben valorado”
  • As RPT non deben ser documentos dos equipos de goberno, porque de ser así, exclúen ás organizacións sindicais e por tanto aos traballadores, recoñecéndose a ausencia de negociación.

CCOO, CIG e CSIF poñerán a disposición dos traballadores que así o
soliciten as suas asesorías xurídicas para tramitar as reclamacions individuais.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here