HomeEconomíaDo 24 ao 28 de outubro, mercar no teu comercio de Sarria...

Do 24 ao 28 de outubro, mercar no teu comercio de Sarria ten premio

O CCU de Sarria - ACES en colaboración coa Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, poñen en marcha a campaña de dinamización "Mercar no teu comercio ten premio".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña desenvolverase durante a vindeira semana, entre o 24 e o 28 de outubro. Haberá 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 50 e de 30 euros para seguir mercando no comercio desta vila. 

Todos os clientes do comercio de Sarria que realicen as suas compras nos establecementos asociados, que nesta ocasión participan uns 70 negocios, poden participar no sorteo en directo destos 1.000 euros en premios.

O sorteo terá lugar o venres, 28 de outubro, ás 20.30 horas na Rúa Calvo Sotelo. Previamente, os consumidores deberán canxear os seus tickets de compra por boletos de participación nunha carpa que se instalará dende ás 17.00 horas nesta mesma praza. 

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...