InicioEconomíaIsabel Rodríguez presenta en Monforte o Kit Dixital, programa de axudas para...

Isabel Rodríguez presenta en Monforte o Kit Dixital, programa de axudas para a dixitalización

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, avanzou este mércores que máis de 400 pequenas empresas da provincia, o 60% do total, de entre 10 e 49 traballadores, xa solicitaron o bono de 12.000 euros do Kit Dixital para dixitalizar os seus negocios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada, acompañada do alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, puxo en valor estes datos nunha reunión con empresarios do municipio para informarlles sobre o Kit Dixital e animalos a solicitar os bonos do Goberno.

“O noso obxectivo é seguir transformando dixitalmente ao maior número de empresas pequenas da provincia, fomentando novas oportunidades de expansión e abríndose a novos mercados”, subliñou a subdelegada, quen lembrou que o Goberno destina un orzamento de 3.067 millóns de euros dos fondos Next Generation para dixitalizar a preto dun millón de pemes e autónomos en todo o territorio nacional os próximos tres anos.

Estas subvencións do Goberno teñen como finalidade avanzar na dixitalización de áreas crave como presencia na internet, deseño da web, venda electrónica, xestión de clientes e provedores, oficina dixital, redes sociais, xestión e automatización de procesos e ciberseguridade.

3 liñas de axudas do Kit Dixital

O Goberno ten abertas as 3 convocatorias do programa de dixitalización. Por unha banda, está a liña dirixida a empresas de entre 10 e 49 empregados. Amplíase o prazo de solicitude para esas empresas (segmento I), que poden solicitar o bono de 12.000 euros ata o 15 de marzo de 2023.

Por outra banda, o prazo para as empresas do segmento II (de 3 a 9 empregados) está aberto dende o pasado 2 de setembro durante doce meses. Estas micropemes teñen acceso a un bono de dixitalización de 6.000 euros.

Por último, o programa complétase cunha terceira convocatoria para negocios de menos de tres empregados e autónomos (segmento III), que poden solicitar un bono de 2.000 euros ata o 20 de outubro de 2023.

As empresas interesadas poden solicitar as axudas na sede electrónica de Red.es. Baixo o lema “cero papeis”, Red.es deseñou un sistema de tramitación moi innovador que axiliza o proceso usando ferramentas de robotización e intelixencia artificial, polo que se pode solicitar a axuda sen achegar ningunha documentación, xa que será suficiente con que o empresario autorice a Red.es a consultar de oficio os requisitos e obrigacións requiridos para obter a condición de beneficiario. O catálogo de solucións de dixitalización pódese consultar na web www.acelerapyme.es

ÚLTIMAS

210.000€ para a mellora de tres estradas provinciais en Chantada e no Saviñao

No caso de Chantada, a Xunta de Goberno acordou licitar a mellor de dúas...

Fin de semana de Fam Trip na Ruta do Viño da Ribeira Sacra

A Ruta do Viño da Ribeira Sacra celebra do 24 ao 26 de maio...

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...