HomeEconomíaO 31 de outubro remata a campaña do comercio de Ribas de...

O 31 de outubro remata a campaña do comercio de Ribas de Sil

O vindeiro luns, 31 de outubro, ás 20.30 horas, na Praza Maior de San Clodio, sortearanse os premios da campaña “Mercar no teu comercio ten premio".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O evento final da campaña empezará ás 17.00 hs na Praza Maior. Neste
lugar, entre as 17.00 e as 20.00 hs, poderán canxearse os tickets das compras
realizadas durante as datas de duración da campaña (do 24 ao 31 de outubro) por boletos para participar no sorteo en directo de 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 50 e de 30 euros. Estas tarxetas deberán ser empregadas polos gañadores en novas compras no comercio de proximidade local.

“Mercar no teu comercio ten premio” é unha iniciativa de promoción do
comercio de proximidade galego, organizada pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel.

O sorteo contará coa presenza de representantes das entidades organizadoras, entre eles Almudena Rodríguez, presidenta da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel; José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo; entre outros representantes da Asociación e do
Concello.

ÚLTIMAS

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...