HomeEconomíaAberto o prazo para solicitar as axudas do programa “O que non...

Aberto o prazo para solicitar as axudas do programa “O que non arde”

Ganderías de ovino, cabrún e porcino e asociacións gandeiras poden optar ás achegas que impulsa a área de Medio Rural da Deputación de Lugo para contribuír á prevención dos lumes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo se establece nas bases, publicadas no Boletín Oficial da Provincia, a convocatoria artículase en dous eixos: un, dirixido a titulares de ganderías de ovino, cabrún e porcino, e outro, a asociacións gandeiras e federacións de produtores que fomenten o silvopastoreo.

No primeiro caso, Medio Rural da Deputación ofrece achegas para  a adquisición ou mantemento de peches para xestionar o manexo e protexer o gando da fauna salvaxe, como pastores eléctricos ou valados de diferentes tipoloxías, así como para os gastos técnicos de deseño e construción doutros sistemas innovadores para o aproveitamento multifuncional do monte e a convivencia do gando coa fauna salvaxe.  No segundo, o financiamento vai destinado ao desenvolvemento de accións de formación e asesoramento técnico que fomenten o silvopastoreo preventivo de lumes.

As persoas e entidades interesadas teñen ata o 28 de outubro, incluído, para presentar as solicitudes, dacordo cos modelos publicados no BOP e dispoñibles tamén na web da Deputación de Lugo (www.deputacionlugo.gal), no apartado da área de Medio Rural. O orzamento destinado ás axudas é de 60.000 euros.


Terceira edición dun programa pioneiro

“O que non arde” é o primeiro programa impulsado pola Deputación de Lugo en relación coa prevención de incendios e a xestión integral do monte. Na súa primeira edición, en 2020, o programa implementouse a través da colaboración cos concellos, que puideron solicitar axudas de Medio Rural para a roza e limpeza das faixas laterais da rede viaria municipal, así como para o mantemento da rede de faixas de xestión de biomasa coa plantación de especies arbóreas autóctonas.

Na pasada edición, a convocatoria orientouse ao fomento do pastoreo preventivo por parte das comunidades de montes veciñais en man común, logrando o mantemento e limpeza de 313 hectáreas de monte en terreos de faixas de protección contra os lumes e na súa contorna.

A iniciativa foi seleccionada entre os tres mellores proxectos de apoio á gandeiría extensiva desenvolvidos desde as administracións locais en España pola  asociación non gubernamental de ámbito internacional WWF.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...