HomeEconomía“Nadal viaxeiro e gastón”, campaña para mercar na comarca de Quiroga

“Nadal viaxeiro e gastón”, campaña para mercar na comarca de Quiroga

Con esta mensaxe, a Asociación de empresarios e comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel convida a consumir estas datas nos establecementos asociados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña, que comezou xa o pasado 5 de decembro, estenderase ata o vindeiro 2 de xaneiro de 2023 e convida a mercar no comercio asociado dos concellos que conforman o Xeoparque: Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel.

En cada local participante hai unha urna onde se deberán depositar as etiquetas co nome e o teléfono das persoas que acrediten ter feito unha compra superior a 10 euros.

PREMIOS

Nesta ocasión, o total dos 4 premios que sorteará a Asociación de empresarios e comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel están valorados en 1.200 euros. Todas as persoas que consumiron en establecementos asociados dos tres concellos do Xeoparque e entren no sorteo optarán aos seguintes premios: dúas noites no Hotel Talaso Atlántico de Baiona con almorzo con 2 horas de circuíto termal; unha noite no aloxamento Rectoral de Castillón de Pantón, con almorzo, paseo en segway e visita pola Ribeira Sacra con cata de queixos e viños; e dúas compras express. Este último premio consiste en gastar nun tempo limitaso 300€ do premio nos comercios participantes.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...