HomeEconomíaAta o 22 de decembro poden solicitarse as axudas de eficiencia enerxética...

Ata o 22 de decembro poden solicitarse as axudas de eficiencia enerxética de Monforte

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo vén de publicar as bases e a convocatoria das “Axudas económicas do Concello de Monforte para mellorar a eficiencia enerxética nos fogares de persoas en situación de risco e/ou exclusión social durante o ano 2023”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello destina a estas subvencións un crédito máximo de 20.000 euros, 5.000 euros máis que en 2022. O Concello de Monforte de Lemos considera necesario levar a cabo esta medida de axudas específicas, que permitan ós veciños facer fronte ós gastos enerxéticos de xeito máis doado, coa finalidade de asegurar o acceso continuado á subministracións básicas de enerxía eléctrica, calefacción, auga quente sanitaria e de gas evitando o seu corte, tendo en conta o seu carácter esencial para previr situacións de risco de exclusión social. O prazo para solicitar estas axudas permanecerá aberto ata o 22 de decembro de 2023.

Poderán solicitar esta axudas as persoas ou unidades de convivencia residentes no Concello de Monforte de Lemos que os servizos sociais valoren que se atopan en situación ou risco de exclusión social que cumpran os requisitos de acceso establecidos no punto 5º e as condicións reguladas nas bases destas axudas.

Considérase como situación de risco de exclusión social aquela provocada pola ausencia ou insuficiencia de recursos económicos para afrontar as necesidades básicas da unidade familiar e no seu caso a concorrencia doutros factores que ponderados polos servizos sociais comunitarios condicionen negativa e/ou gravemente a inclusión social.

Gastos subvencionables

Os gastos subvencionables a través destas axudas corresponderán á vivenda habitual do solicitante e atendendo a súa finalidade poderán ser os seguintes:

  1. Axudas para facer fronte ás facturas de electricidade que estean pendentes de pagamento na data da solicitude.
  2. Axudas para facer fronte ás facturas de gas natural pendentes de pagamento na data da solicitude ou para repor o gas oíl para calefacción.
  3. Axudas para o subministro de gas butano para electrodomésticos de cociña, quentador e outro equipamento básico da vivenda para a mesma finalidade.
  4. Axudas para outras fontes de enerxía destinada á finalidade destas bases, previa valoración técnica dos servizos sociais.
  5. Axudas para facer fronte ás facturas de Instalación/ Reparación de caldeiras ou outros equipamentos que constitúan unha fonte de enerxía e que estean pendentes de pagamento na data de solicitude.

Contía e límite da axuda

A contía das axudas determinarase en función do tipo de axuda e da valoración social realizada pola traballadora social de referencia da persoa solicitante e co limite que se establece a continuación:

Tipo de axudaLímite da axuda
1-Enerxía eléctricaAta un máximo de 250€/ano.
2-Gas naturalAta un máximo de 250€/ano
3-GasoilAta un máximo de 500€/ano
3-Gas butanoAta un máximo 150 €/ano
4-Outras fontes de enerxíaAta un máximo de 350€/ano
5- Instalación / ReparaciónAta un máximo de 500€/ano

Nunha mesma solicitude poderanse incluír varios tipos de axuda. As solicitudes de axuda cubriranse a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica do Concello, https://sede.monfortedelemos.es e presentaranse preferiblemente por vía electrónica.

ÚLTIMAS

“Abrazando o bo trato” no Pazo de Tor

Baixo o lema “Abrazando o bo trato” realizouse visita guiada polo museo reparando nas pezas...

O PP lucense esixe garantir a seguridade no tramo de vía Monforte-Ourense

Os deputados do PP lucense amosan "a súa preocupación ante os problemas detectados durante...

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...