HomeEconomía9 anos axudando ao emprendemento e 20.000€ en premios para a nova...

9 anos axudando ao emprendemento e 20.000€ en premios para a nova edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra foi a “semente” nos últimos 8 anos de iniciativas de emprendemento que se viron materializadas grazas á aportación económica que lles supuxo ser finalistas do certame. A través deste Concurso téñense entregado máis de 120.000€ para impulsar proxectos empresariais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concurso busca proxectos innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos. Terán preferencia os vinculados co territorio Ribeira Sacra; pero o concurso sempre estivo aberto a calquera persoa física de calquera lugar do mundo que teña unha idea empresarial destas características.

Nesta IX edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra repartiranse 20.000€ en premios:

  • 1º Premio – 10.000 €
  • 2º Premio –   6.000 €
  • 3º Premio –   4.000 €

Do 1 de Marzo ao 31 de Maio está aberto o prazo de presentación de ideas, a través da web sementeribeirasacra.org. A inscrición é de balde. O 20 de Xullo publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.

A estrutura da presentación da idea debe contar con:

  • Título do proxecto (20 palabras para resumir de que trata a iniciativa)
  • Descrición xeral (300 palabras para describir do modo máis eficaz en que consiste a iniciativa)
  • Oportunidade do proxecto (150 palabras para responder á pregunta “¿por que debería investir no proxecto?” Neste apartado é necesario ter clara cal é a necesidade que cobre o produto ou servizo.
  • Puntos fortes do proxecto (150 palabras que conteñan a información DAFO)
  • Descrición temporal da formulación e implantación do proxecto (150 palabras para explicar as fases, prazos e outros compoñentes de tipo temporal para a formulación e implantación do proxecto).


As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de Setembro do 2023, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto. O fallo do xurado darase a coñecer o día 28 de Outubro do 2.023, nesa xornada presentaranse os proxectos e pola noite celebrarase a entrega de premios.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...