HomeEconomíaImpulso ao comercio de proximidade de Lugo e Sarria

Impulso ao comercio de proximidade de Lugo e Sarria

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu 104.000 euros ás Asociacións Locais de Comercio de Lugo e Sarria e á Federación de Comercio da provincia de Lugo para impulsar a competitividade do comercio de proximidade.

Publicado o

- Advertisement -

Lugo Centrum recibe 33.000 euros e a Asociación de Comerciantes de Sarria, 22.200 euros a través do programa para a dinamización dos centros comerciais abertos. A Federación de Comercio da provincia de Lugo percibe 49.000 euros, que supoñen o 70% do investimento subvencionable, a través doutra liña de axudas. Estas achegas permitirán realizar diferentes campañas de dinamización, incorporar sistemas de fidelización ou realizar melloras na sinalización comercial externa.

Desenvolveranse unha quincena de accións co obxectivo de atraer clientela ao comercio de proximidade e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores. Este programa de achegas contribúe a construír un sector comercial máis competitivo e dinámico fomentando a revitalización dos centros comerciais abertos e a súa adaptación á contorna, creando espazos confortables e de lecer para realizar compras que xeren polos de atracción comercial nas cidades e vilas.

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...