HomeEconomía"Fenestra fai que Monforte e a comarca falen máis en clave industrial",...

“Fenestra fai que Monforte e a comarca falen máis en clave industrial”, asegura Conde na visita á empresa monfortina

Nunha visita ás instalacións desta empresa especializada na fabricación de fiestras de pvc, Francisco Conde destacou o esforzo que Fenestra está a facer para optimizar os seus procesos de produción e para ser máis eficiente e reducir o custo enerxético. Un obxectivo común ao tecido empresarial galego que a Xunta de Galicia está apoiando a través do programa Galicia Inviste.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, puxo hoxe a empresa monfortina, Fenestra como exemplo de peme que inviste en equipamento e enerxías renovables para adaptarse ao contexto actual e gañar en competitividade.

Galicia Inviste é orde de apoios do Igape coa que se pon a disposición das pemes galegas financiamento para proxectos de diversificación, mellora de procesos e produtos, maquinaria e equipamento, e tamén para o sector do aloxamento. Ademais, por primeira vez desde o ano pasado, pódense solicitar conxuntamente axudas e préstamos. Desde que en 2018 o programa leva mobilizado nestes catro anos 130 millóns de euros en 360 proxectos cun investimento público de 33 millóns de euros.

Fenestra, situada no Polígono do Reboredo, é unha das empresas que se viu beneficiada por estas axudas, cunha mobilización de investimentos por máis de 260.000 euros para implantar unha soldadura de pvc que mellora a calidade e o acabado do produto. Ademais, no seu compromiso pola eficiencia enerxética, tamén instalou placas fotovoltaicas cunha axuda da Xunta de Galicia, a través do Inega, de case 8000 euros para un mobilizado de 20.000 euros.

Fenestra visita Conde / Vicepresidencia Xunta de Galicia

Conde referiuse a Fenestra como “un exemplo claro de competitividade que está afrontado os retos actuais, xerando emprego e crecendo no rural, e permitindo que Monforte e toda a súa comarca fale máis en clave industrial”. Ao respecto, concluíu asegurando que a Xunta de Galicia xa está avanzando na tramitación das autorizacións e informes que van permitir que nas vindeiras semanas o proxecto do Grupo Indukern na comarca, cun investimento de máis de 30 millóns de euros, sexa unha realidade e poida comezar as obras de construción.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...