HomeEconomía'Innovapeme', axudas para competir dende a innovación

‘Innovapeme’, axudas para competir dende a innovación

O monfortino Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, visitaba este venres en Palas de Rei as instalacións de Granja Campomayor, unha empresa beneficiada por esta liña de axudas da Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Francisco Conde, tras visitar en Palas de Rei as instalacións de Granja Campomayor, apuntou que esta empresa é un exemplo “de como a través da innovación e o deseño se pode mellorar a competitividade e gañar mercado”.

A compañía foi unha das beneficiarias do programa InnovaPeme, que tal e como sinalou Conde, permite que as pequenas e medianas empresas poidan “afrontar os retos da transformación industrial”. Granja Campomayor, que conta co selo de Galicia Calidade, é unha empresa familiar de cuarta xeración.

A Xunta de Galicia lanzará proximamente unha nova convocatoria desta iniciativa por 4,5 millóns de euros, integrando o programa DeseñaPeme, e co obxectivo principal de axudar ao tecido empresarial a incorporar a I+D+i e o deseño nos seus procesos produtivos.

Francisco Conde en Granja Campomayor. Foto: Xunta de Galicia.

O vicepresidente económico da Xunta de Galicia, animou ás empresas a estar atentas para solicitar estas axudas e comentou, respecto de Campomayor que se trata dunha compañía “con vocación innovadora desde o rural, que está mellorando os seus procesos e produtos e buscando novos formatos para poder ofrecer aos clientes” para que “poida haber un impacto desde o punto de vista da comercialización tanto no eido nacional como no internacional, onde está gañando mercado”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...