HomeEconomíaJosé Tomé sobre a Festa da Cereixa: "un revulsivo económico e turístico...

José Tomé sobre a Festa da Cereixa: “un revulsivo económico e turístico para o sur da provincia”

O Presidente en funcións da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Alcalde en funcións de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela, participaron este domingo 11 de xuño na Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite que se celebrou na Praia Fluvial de San Clodio. O pregón correu a cargo do Doutor en Arqueoloxía nado en Torbeo, Luis Francisco López González

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A XIX edición da Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite puxo en valor esta pasada fin de semana a excelencia destes tres produtos que se dan no val do Sil, un río que conta dende o sábado cun Centro de Interpretación propio en Torbeo grazas ao investimento cultural que fixo posible o Concello de Ribas de Sil.

A Deputación de Lugo achegou 9.000€ a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2023 para a celebración deste festexo que tivo como marco incomparable a Praia Fluvial de San Clodio e que contou coa presenza do Presidente en funcións da Deputación de Lugo, José Tomé Roca e mais do Alcalde en funcións de Ribas de Sil, Miguel Ángel Sotuela.

Miguel Ángel Sotuela e José Tomé o domingo 11 na Festa da Cereixa, o Viño e o Aceite. Foto: Prensa Deputación de Lugo.

José Tomé Roca enxalzou na xornada do domingo a calidade destes emblemas autóctonos da gastronomía da Ribeira Sacra, e felicitou aos produtores e adegueiros “por lograr uns produtos únicos de altísima calidade, que se elaboran mantendo as técnicas tradicionais, ademais de que son a nosa mellor sinal de identidade levando o nome dos nosos territorios por todo o mundo“.

Destacou tamén o compromiso da institución provincial con esta cita que vén apoiando ano tras ano xa que se trata “dun importante revulsivo económico e turístico, que impulsa o patrimonio gastronómico que temos e que xera un efecto multiplicador na nosa economía, incidindo especialmente no sector servizos”.

ACTIVIDADES DO DOMINGO

Na xornada dominical tivo lugar o pregón do Doutor en Arqueoloxía nado en Torbeo, Luis Francisco López González e o recinto feiral contou con postos dos produtos exaltados e outros relacionados coa artesanía e a alimentación. Houbo degustacións, amenización musical a cargo da Charanga KM0 e abríronse ao público os Centros de Interpretación do Río Sil (CIRS), en Torbeo –inaugurado na xornada do sábado– e o da Minaría Aurífera Romana (CIMAR).

Inauguración do CIRS, Centro de Interpretación do Río Sil, en Torbeo. Foto: C.J.

Pola tarde, ás 17:00 horas, tivo lugar no Salón de Actos do Concello, a presentación do libro Historias do concello de Ribas de Sil, do profesor Manuel Cao, e ás 20:00 horas actuaron no anfiteatro da Praia Fluvial os grupo de baile de San Clodio e de Quiroga.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...