HomeEconomíaCharlas sobre axudas e subvencións en Folgoso do Courel

Charlas sobre axudas e subvencións en Folgoso do Courel

Serán este martes 27 de xuño na Casa do Concello entre as 10:00 e as 13:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto ‘O Courel, destino y futuro’ organiza outra acción formativa no territorio do Xeoparque. Será este martes 27 de xuño tendo programado o seu comezo ás 10:00 h. no salón de actos da Casa do Concello de Folgoso. A xornada versará sobre axudas e subvencións para o sector primario.

A esa hora fará o recibimento Laura Iglesias, coordinadora do programa ‘O Courel, Destino y Futuro’, e a continuación intervirán Carlos Rojo e Lucas X. Vázquez, dous enxeñeiros técnicos agrícolas cofundadores da asesoría Xestogal, especializada en asesoramento a produtores e explotacións do sector primario.

As súas intervencións serán de 10:10 a 12:00 h. e tratarán os seguintes temas:

-PAC, liñas de axudas centradas na Montaña e as coñecidas ‘Zonas con convicencia con grandes carnívoros.

-Subvencións dos Fondos Next Generation.

-Subvencións anuais para reestruturación de viñedos, plan de comercialización ou de investimentos diversos.

-Vías de financiamento das empresas agropecuarias da zona.

-Axudas e subvencións forestais.

Como fin da xornada, entre as 12:00 e as 13:00 h. abrirase unha quenda de consultas sobre os temas tratados.

O acceso á xornada é libre ata completar aforo. Para máis información a organización facilita o correo gestion@ocoureldestinoyfuturo.es e o teléfono 982 804524

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...