HomeEconomíaXa se coñecen os 10 finalistas do Concurso de Proxectos Empresariais Semente...

Xa se coñecen os 10 finalistas do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Á edición deste ano presentáronse case medio cento de ideas. A maior parte delas son iniciativas a desenvolver en Galicia, pero chegaron propostas doutras comunidades como Valencia, Cataluña ou Madrid.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este 19 de xullo o xurado reuníase para seleccionar as 10 ideas que agora deberán presentar o seu proxecto rematado antes do 30 de setembro. As ideas seleccionadas polo xurado do IX Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra son:

  • Aobá Upcycling, Fashion Made for Earth Lovers, reutilización materiais roupa.
  • Bikarte, renting de bicicletas eléctricas con audio guía.
  • Chorima, cosmética atlántica con extractos vexetais.
  • Eco-Aqua, Proxecto de Abastecemento Hídrico Sostible na Ribeira Sacra.
  • ENZICAS, Queixos e embutidos madurados con castañas.
  • LABRAVA S. COOP. GALEGA, cooperativa de traballo asociado no sector agrario e forestal.
  • LamasDulce, galletas personalizadas.
  • O portal de emprego e oportunidades do rural galego, plataforma de empregabilidade no rural.
  • Planta procesadora de excedentes de produtos agrícolas.
  • RURAL O URBANO, espazo Gourmet & Lifestyle.

As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de setembro do 2023, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará ós finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto. O fallo do xurado darase a coñecer o día 28 de outubro, nesa xornada presentaranse os proxectos e pola noite celebrarase a entrega de premios.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...