HomeEconomíaCarmen López gasta 997,80€ en 50 segundos

Carmen López gasta 997,80€ en 50 segundos

Este sábado, día 5 de agosto, ás 10:33 minutos, aproximadamente, da mañá comezou a xornada de compras da décima edición da campaña 60x1.000, na que participaron 31 establecementos da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A premiada foi Carmen López lópez que acudiu acompañada da súa filla Lucía para realizar as compras. A ACES puxo á súa disposición un coche antigo da Asociación de coches antigos de Sarria que, a acompañou durante todas as súas compras polos comercios de Sarria. Rodeada de varias reporteiras e fotógrafas, Carmen gastou os 997,80 € en case 50 minutos, sobráronlles 10 minutos do tempo máximo establecido, para mercar. 

Carmen mercou en 9 comercios, dos 31 participantes. En primeiro lugar dirixíronse a “COMPLEMENTOS VILAMEY” onde mercou dous bolsos. O segundo comercio elexido foi a zapatería “CALZADOS GAYOSO” onde mercou varios pares de sandalias deportivas. O seguinte comercio foi a “XOIERÍA DÍAZ”, onde mercou uns pendentes. Posteriormente visitou a “MERCERÍA SARILLO”, o comercio que lle deu a sorte, e mercou un traxe de baño e roupa interior e aproveitou para pasar por “DIMAR MODA” onde mercou un polo para o seu marido.  Despois dirixiuse a “CRIS ABAD” onde mercou unhas sandalias e a continuación dirixiuse a “TRECE TABLAS” onde mercou unhas chanclas. En “ELECTRONOVA”, ás carreiras, mercou unha olla e unha batidora. 

Remata asía a campaña que tivo, como nas edicións anteriores, gran acollida entre os asociados e o público de Sarria.  

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...