HomeEconomíaMonforte destina 7.000€ á Cruz Vermella e Cáritas

Monforte destina 7.000€ á Cruz Vermella e Cáritas

A Xunta de Goberno deste luns no concello de Monforte aprobou o establecemento de convenios de colaboración con dúas entidades monfortinas, para establecer as condicións e compromisos aplicables ás subvencións de carácter nominativo que se lles conceden.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As axudas concedidas, para dúas entidades sociais, alcanzan os 7.000 euros. Os convenios de colaboración asinaranse coas seguintes entidades, recollendo os seguintes importes:

  • Cruz Vermella española: 2.000 euros.
  • Cáritas Diocesanas de Lugo: 5.000€.

En concreto, explica o alcalde, “no caso da Cruz Vermella as axudas están destinadas a actividades xuvenís de ocupación do tempo libre en Monforte, e polo que respecta a Cáritas Diocesanas, a axuda que concedemos dende o Equipo de Goberno vai destinada a cubrir as necesidades de persoas en situación de desvantaxe no noso Concello”.

Estas axudas enmárcanse nos orzamentos deste ano, “uns orzamentos que son os máis sociais da historia do Concello de Monforte, que demostran que dende este Equipo de Goberno temos unha preocupación máis social que nunca”, asegura o rexedor monfortino.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...