HomeEconomíaO IX Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra entrega este 28...

O IX Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra entrega este 28 de outubro os seus premios

O Pazo Condal do Parador de Turismo de Monforte acolle este sábado, 28 de outubro, a exposición dos proxectos finalistas na IX edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao longo da mañá o xurado, composto por representantes das universidades, representantes de empresas e das administracións, coñecerán máis polo miúdo os 10 proxectos que pasaron á final, conforme ao seguinte calendario:

  • 09:30h Labrava S. Coop. Galega, cooperativa de traballo asociado no sector agrario e forestal.
  • 10:00h Bikarte, renting de bicicletas eléctricas con audio guía.
  • 10:30h LamasDulce, galletas personalizadas.
  • 11:00 Rural o Urbano, espazo Gourmet & Lifestyle
  • 11:30 Aobá Upcycling. Fashion Made for Earth Lovers
  • 12:00 PAUSA RP
  • 12:30 Chorima, Cosmética Atlántica con extractos vexetais
  • 13:00 Ficar aquí, Portal do Emprego. Plataforma de empregabilidade no rural.
  • 13:30 Planta Procesadora de Excedentes de Produtos Agrícolas.
  • 14:00 EcoAqua, proxecto de Abastecemento Hídrico Sostible na Ribeira Sacra.
  • 14:30 Enzicas, queixos e embutidos madurados con castañas.

O fallo do xurado darase a coñecer o día 28 de outubro, durante a celebración, a partir das 21:00h, da cea e Gala de Entrega de Premios da IX edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra. Nesta IX edición cóntase con 20.000€ en premios para impulsar proxectos innovadores que poñan en valor o medio rural e os seus recursos:

  • 1º Premio – 10.000 €
  • 2º Premio –   6.000 €
  • 3º Premio –   4.000 €

ÚLTIMAS

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...