HomeEconomíaA 'AIE Ribeira Sacra Next' pasa á acción

A ‘AIE Ribeira Sacra Next’ pasa á acción

Este colectivo empresarial constituíase a comezos deste ano 2023, como unha agrupación aberta a tódolos sectores empresariais da Ribeira Sacra, unindo as provincias de Lugo e Ourense. Dende ese momento lévanse facendo roldas de contactos con administracións e parte do tecido empresarial do territorio para consolidar a estrutura do proxecto e empezar a funcionar coa creación dunha xerencia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Agrupación de Interese Empresarial Ribeira Sacra Next, proxecto de alianza empresarial que naceu no comezo deste 2023, céntrase no territorio da Ribeira Sacra pero con proxección para dar cobertura a actividades empresariais das provincias de Lugo e de Ourense. Os promotores entenden, neste senso, que conflúen “intereses comúns nun territorio único e que unidos/as poden facer máis forza”.

Os fins desta AIE son: contribuír, desde unha perspectiva empresarial ao desenvolvemento socioeconómico sustentable do Territorio Ribeira Sacra, aproveitando as sinerxias empresariais a través da valorización dos recursos e poñendo no centro ás persoas, o medioambiente, o territorio e a innovación; ser interlocutora con administracións e colectivos de diversa índole; cooperar con outros territorios diferenciados, como é o caso da Ribeira Sacra; e facilitar o acceso aos diferentes Fondos Europeos para que redunden no desenvolvemento do territorio e na mellora da competitividade do tecido produtivo.

DA TEORÍA Á PRÁCTICA

Dende a presentación desta agrupación, e para irlle dando forma e sentido ao proxecto de alianza empresarial que se estaba a crear, foron desenvolvéndose roldas de contactos con administracións e con emprendedores do territorio. Neste mes de novembro, e con máis de 60 empresas que xa forman parte da AIE, desenvolveuse a primeira asemblea na que se definiron as primeiras liñas de actuación constituíndose o Consello de Administración. Este organismo queda formado por 15 persoas que comenzarán a traballar para seguir dando forma a esta realidade ilusionante.

Para descentralizar as reunións e achegarse a todo o territorio interesado, decidiuse tamén que as asembleas foran itinerantes, e despois desta primeira cita en Monforte de Lemos, a vindeira semana reuniranse en Pantón, e antes de rematar o ano será a quenda de Parada de Sil ou Pereiro de Aguiar, na provincia de Ourense.

Outra decisión que saiu desa asemblea foi a decisión de contratar unha xerencia e seguir animando a todas as actividades empresariais da Ribeira Sacra a sumarse a esta iniciativa que busca dinamizar o territorio. “Cremos que é importante participar porque é unha oportunidade. Os problemas e as fortalezas xestiónanse mellor desde a unión. Se gañan as empresas gaña o territorio e gañamos todos”, destacan dous dos promotores, Manuel Dacosta e Severino Rodríguez.

SEGUIMENTO E CONTACTO COA AIE RIBEIRA SACRA NEXT

Para dar a coñecer a agrupación e seguir sumando empresas asociadas creouse unha páxina web a través da cal pódense inscribir as empresas e autónomos/as que o desexen.

Tamén se pode manifestar o interese por sumarse á AIE a través das persoas e os teléfonos seguintes: Severino Rodríguez (609 825 975) Manuel Dacosta (627 514 778)

ÚLTIMAS

Comezo do ‘Marida Maio 2026’

O 'Marida Maio', evento que conta co patrocinio da Deputación de Lugo, fai posible...

Este 16 de maio comeza o “Descubrir Quiroga” percorrendo o Camiño de Inverno

Este xoves o concello de Quiroga presentaba o programa que comeza xa coa súa...

En marcha as obras da estrada provincial que une Chantada e Os Peares

A actuación permitirá acondicionar un total de 23 quilómetros de vía, concretamente entre os...

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo...