HomeEconomíaOs municipios da provincia reciben o 20% do orzamento provincial co Plan...

Os municipios da provincia reciben o 20% do orzamento provincial co Plan Deputación

O Goberno provincial aproba as bases do Plan Deputación de Lugo de Cooperación cos Concellos (antes Plan Único), que decidiu subir ata os 21,75M€, o que supón transferirlle aos 67 municipios da provincia o 20% do Orzamento provincial, seguindo criterios como a superficie, a poboación, o índice de envellecemento e a dispersión territorial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A través deste plan os municipios poden desenvolver actuacións en materia de infraestruturas, creación de emprego, servizo de axuda no fogar, actividades, eventos, administración electrónica ou protección civil. 

Por municipios o reparto queda como segue:

BÓVEDA
CHANTADA
FOLGOSO DO COUREL
INCIO (O)
LÁNCARA
MONFORTE DE LEMOS
PANTÓN
PARADELA
POBRA DO BROLLÓN (A)

247.462,42 €
471.753,85 €
270.893,75 €
287.473,38 €
295.916,49 €
550.000,00 €
326.917,50 €
289.049,48 €
284.191,49 €
QUIROGA
RIBAS DE SIL
350.510,73 €
228.463,88 €
SAMOS 282.057,68 €
SARRIA550.000,00 €
SAVIÑAO (O)382.725,05 €
SOBER321.811,91 €
TABOADA326.918,84 €

“Cumprimos co acordo que temos no Goberno de incrementar ao longo do mandato o Plan Deputación nun millón de euros, cun cuarto de millón cada ano. Polo tanto, no 2024 subímolo en 250.000€”, asegura Tomé.

Por cuarto ano consecutivo, o Executivo provincial saca adiante o Plan Deputación no exercicio anterior ao seu período de vixencia, “o que permite ás entidades locais planificar as accións municipais con maior antelación e traballar con máis previsión e prazo, de forma que poden aproveitar mellor os fondos”.

As bases do Plan Deputación publicaranse no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o día 8 de xaneiro, pasadas as datas de Nadal, “o que tamén facilita aos concellos ter máis tempo para elaborar as memorias e proxectos das obras que queiran presentar con cargo a estes investimentos”.

ÚLTIMAS

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...

Olga Novo, protagonista na celebración do ‘Día das escritoras’

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu o pasado 9 de outubro...