HomeEconomíaA AIE Ribeira Sacra Next reúnese co alcalde de Monforte para estudar...

A AIE Ribeira Sacra Next reúnese co alcalde de Monforte para estudar posibles liñas de colaboración

Na xuntanza, os representantes da AIE-Ribeira Sacra Next valoraron positivamente a opinión do rexedor monfortino sobre este novo proxecto empresarial asociativo, sobre o seu posible percorrido e futuro máis inmediato.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Tomé Roca, reuníase cos representantes desta nova asociación empresarial denominada Agrupación de Interese Económico-Ribeira Sacra Next (AIE), que tiñan solicitado un encontro co rexedor monfortino para presentarlle o dosier informativo da mesma, así como os obxectivos que pretenden desenvolver logo da súa creación.

Este primeiro encontro serviu para estudar sinerxías e posibles liñas de colaboración entre o Concello de Monforte e a AIERibeira Sacra Next. Unha delas, sería a posibilidade de que o Concello se incorporara ó Órgano Consultivo da mesma. Tamén se está a estudar unha posible ubicación da sede oficial en Monforte.

Na reunión explicouse que o obxectivo máis inmediato é poñer en marcha nos vindeiros meses a xerencia desta asociación, que se constituía hai un ano. Na actualidade integran a asociación máis de 60 empresas que suman máis de 400 traballadores e unha facturación de máis de 90 millóns de euros.

Todas as empresas e autónomos/as interesados/as en participar deste novo proxecto empresarial poden obter información e incribirse na web provisional da AIE.

ÚLTIMAS

Chantada celebra o 14 de febreiro o Desfile de Comparsas con 6.000€ en premios

O Concello de Chantada, co obxectivo de promocionar e conservar as tradicións vinculadas co...

Quiroga abre o prazo para participar no concurso de carteis que anunciará a Feira do Viño

O tema central do cartel será a Feira do Viño de Quiroga, reflectindo a...

155.000€ para impulsar 18 comercios da zona sur da provincia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes algúns dos...

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...