HomeEconomíaAiras Moniz modernízase cos Bonos de Innovación da Xunta

Airas Moniz modernízase cos Bonos de Innovación da Xunta

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou este xoves pola mañá en Chantada a queixaría Airas Moniz, especializada na produción de queixo artesanal de alta calidade. Tratábase de coñecer as actividades de innovación que está a implantar a peme lucense co apoio do programa Bonos de Innovación da Xunta de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A queixaría chantadina Airas Moniz está a poñer en marcha un modelo de negocio circular fundamentado na valorización de subprodutos xerados no proceso de fabricación do queixo como materias primas de alto valor engadido para a obtención de novos produtos, co apoio da consultora Medrar Solutions e da Aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago de Compostela (USC); así como o deseño de novos envases máis sustentables, coa axuda do centro tecnolóxico Ainia. A empresa investirá preto de 47.000 euros na subcontratación de servizos profesionais externos de apoio á innovación.

A directora da Axencia Galega de Innovación lembrou que segue aberto ata o vindeiro 22 de febreiro o prazo de solicitude da convocatoria 2024 deste programa, Bonos de Innovación. Dotado cun orzamento de 750.000 euros, ten como obxectivo impulsar os primeiros pasos para innovar en autónomos, microempresas, pemes e entidades do terceiro sector de acción social, a través da contratación de servizos externos de axentes innovadores para conseguir un salto cualitativo e cuantitativo na súa actividade de I+D+i a curto prazo.

A convocatoria conta con dúas tipoloxías de bonos: a liña 1 está destinada a contratar actividades orientadas á protección da innovación, xestión da innovación e vixilancia tecnolóxica, así como accións estratéxicas para desenvolver novos produtos, procesos e servizos e a liña 2 está destinada a apoiar a contratación de servizos de apoio para a tramitación de incentivos fiscais á I+D+i, bonificacións da seguridade social de persoal investigador e novas solicitudes de financiamento a propostas de I+D+i en convocatorias de axudas estatais.

Axencia Galega de Innovación en Airas Moniz / Consellería de Economía

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...