HomeEconomíaA Praza de Abastos de Monforte vístese de outono

A Praza de Abastos de Monforte vístese de outono

O espazo creado para organizar mercados temáticos e potenciar o comercio local e de proximidade retoma a actividade esta fin de semana.

Publicado o

- Advertisement -

Despois dun tempo de inactividade, no que a mercados temáticos se refire, a Praza de Abastos do Concello de Monforte celebra esta fin de semana un mercado centrado no outono. Neste espazo vai ser posible adquirir produtos propios desta temporada como cogomelos, castañas, noces, marmelos e tamén repostería elaborada con eses mesmos produtos, licores, sidra…

O mercado abrirá as súas portas o sábado de 10:00 a 14:00 horas, e tamén pola tarde, de 17:30 a 20:30 horas. No caso do domingo, o seu horario só será de 11 a 14 horas.

O Espazo Gastronómico O Viñedo, establecemento anexo ao recinto, aproveitará a ocasión para ofrecer o sábado un “xantar micolóxico” e produtos de outono. Todas aquelas persoas interesadas terán que poñerse en contacto con Diego Dapresa no teléfono 678 78 58 29. O mesmo sábado a partir das 20:30 h. está programado un magosto popular neste mesmo espazo.

Con esta actividade, como en todas as que se adoitan facer neste recinto, búscase poñer en valor os produtos típicos locais, de tempada, artesáns, ecolóxicos, etc para potenciar o comecio local e de proximidade.

actividades para os cativos/as

O sábado pola tarde está programado un obradoiro de follas de outono para nenos/as en horario de 18:00 a 20:00 h. Os/as participantes aprenderán o nome, características e follas de 5 árbores de folla caduca dunha maneira sinxela e divertida. Elaborarán unha guirnalda de follas que poderán levar á casa ou usala para decorar a Praza.
Para o domingo, a actividade familiar centrarase nun conta contos a cargo do narrador da mariña lucense, “Caxoto”, e a temática dos relatos versará sobre o outono.  “Unha prestada de castañas, contos do magosto”, título da sesión, farase en horario de 12 a 13:00 h.
Cartel actividade de “Caxoto”. Fonte: Caxoto
As actividades infantís están deseñadas e organizadas por Imaxinatia.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...