HomeEconomía"Outlet de Inverno" en Sarria, os día 1 e 2 de marzo

“Outlet de Inverno” en Sarria, os día 1 e 2 de marzo

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU Sarria, desenvolverá durante dous días, venres e sábado, 1 e 2 de marzo a súa novena edición do "Outlet de inverno".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante eses días, preto dunha trintena de establecementos de ACES participarán nunha campaña de grandes descontos organizada e promovida polo Centro Comercial Urbano de Sarria- ACES, en colaboración coa Xunta de Galicia. O lugar escollido para celebrar esta actividade serán os propios comercios participantes, en horario comercial habitual de mañá e tarde.

123 ESCONDITE INGLÉS (puericultura), ATMÓSFERA SPORT, BARJA SHOES, CACTUS ROSE, CALZADOS GAYOSO, CALZADOS VEIGA, COLORIN COLORADO, CRIS ABAD, DIMAR MODA, DUET MODA, ELECTRONOVA, ISABEL MODA, JOYERÍA SALGADO, LAR DE MENCHU, LATAS PINTURAS Y HOGAR, LOS SUEÑOS DE UXÍA, MERCERÍA LUCÍA, MERCERÍA SARILLO, MICSPORT SARRIA, MONCHO MODA, PEREGRINOTECA, SABRINA MODA, SENAYO, TRECE TABLAS, ULTREIA, VILAMEY COMPLEMENTOS e ZAIDA terán unha zona “Outlet“, con prezos “super-recortados” do excedente da tempada de rebaixas de invierno ou stock existente de tempadas anteriores.

Os comercios participantes estarán identificados cun distintivo visible nos seus escaparates que incluirá un QR cun mapa onde estarán localizados todos os establecementos.

“Esta iniciativa ten como obxectivo principal impulsar e facer promoción do comercio de proximidade nun momento moi complexo para as vendas. Os establecementos participantes pertencen na súa maioría ao sector da moda e calzado”, destacan desde Aces Sarria.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...